Monday 06 de May de 2024

As Somozas mellora a seguridade viaria en Chao


• Renovarase o vial, incluíndo 335 metros de novas beiravías, con 20 cm de xabre e 10 cm de formigón de mallazo

• O orzamento da obra ascendde a 50.961 euros

O Concello de Somozas vai mellorar a seguridade viaria na lugar de Chao.

A obra consiste en renovar 335 metros da estrada, colocando unhas novas beiravías, con 20 cm de xabre de canteira e 10 cm de formigón de mallazo, previa adecuación dos terreos. Contémplase tamén a canalización de tubo de PVC de 400 mm de diámetro e a colocación de 8 novas arquetas de sumidoiro para a recollida de pluviais.

O orzamento da execución desta obra ascende a 50.961 euros.

Nesa mesma zona prevese a colocación de novas luminarias LED, co obxectivo de acadar un maior aforro enerxético e obter unha maior eficiencia, reducindo o custo económico para as arcas municipais.

O alcalde, Juan Alonso, subliña a importancia de “mellorar as comunicacións do municipio, facilitando o día a día da nosa veciñanza”.

“Coa coloación das novas luminarias imos incrementar o aforro da factura da luz do Concello e mellorar a eficiencia, ademais de conseguir un aspecto máis moderno e renovado” engadiu o rexedor.